luns, 4 de xullo de 2016

Gañadores edición 2016

Para rematar o curso hoxe traemos a imaxe dos gañadores dos bibliopuntos da edición de 2016. Esperamos que estes lectores e lectoras disfruten dos seus agasallos e veñan con máis folgos o curso que ven.

Noraboa para eles e elas e para todos aqueles que participaron dos xogos e dos libros da nosa biblioteca, que inda que non están nestas imaxes sabemos que son tan importantes e necesarios como os que aquí vemos.

Un saúdo para todos e esperamos vervos o curso que ven.

Feliz verán!!!


Boletín do Lector

Sabemos que o verán é o momento de descanso e de disfrutar do verán e de actividades ao aire libre, pero dende a biblioteca non podemos deixar de aconsellar lecturas que cremos que vos poden interesar. Publicamos un número máis do noso Boletín do Lector onde veredes títulos recomendados por idade, un resumo do ano e unha vez máis un recordo a Roald Dahl, autor universalmente recoñecido.

Un saúdo e bo verán.


Apadriñamentos lectores

Faltaba por subir as imaxes dos apadriñamentos lectores que tiveron lugar no mes de abril como unha das celebracións do mes do libro. Alí estivemos todos e todas e sigue sendo unha das actividades máis valoradas por todos: profesorado, persoal non docente e alumnado. Aquí deixamos o vídeo coas imaxes máis salientables. Un saúdo.

mércores, 27 de abril de 2016

Día do Libro, outra vez

Acabo de atopar esta imaxe no blog "Cuaderno de viaje" da ilustradora e escritora Mónica Carretero, que conmemora o día do libro cunha das súas ilustracións. É unha imaxe sinxela pero chea de contido, co estilo que caracteriza á autora, polo tanto sen sorpresas pero moi clara; en definitiva, unha mostra máis do que significa o libro e a lectura para ela e para outras persoas.

Si queredes pasar polo seu blog e coñecela un pouco máis pinchade na imaxe.