martes, 27 de outubro de 2015

Bibliotecas do mundo

Seguindo coa temática destes últimos días, hoxe traemos un conxunto de imaxes que nos van trasladar a outros lugares do mundo. Trátase de bibliotecas orixinais e curiosas que dalgún xeito chaman a atención. Son un exemplo de orixinalidade e todas elas conteñen grandes doses de creatividade que invitan a entrar e por suposto, a ler.

Espero que vos gusten.


 Biblioteca de Kansas City, Missouri, Estados Unidos



              


            
             


Brentwood Children´s Library, Tessessee (Estados Unidos)

 Northampton, Inglaterra



    Dame Bradbury, Reino Unido

 
The phone booth library, Inglaterra

Muyinga en Burundi, África

Que vos parecen? Curiosas, alomenos, non si?. Pois inda temos algunha máis, a máis sorprendente de todas dende o noso punto de vista: as bibliotecas ambulantes de Colombia ou Biblioburro.


 E se queredes saber máis sobre como funcionan  recoméndovos a lectura deste libro que temos na biblioteca onde se explica a súa orixe e outros detalles.


Así que nada máis, espero que disfrutárades destas bibliotecas tanto coma nós.

Un saúdo.

domingo, 25 de outubro de 2015

sábado, 24 de outubro de 2015

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Uníndonos ás propostas de diferentes organismos, hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares co que queremos achegarvos o noso interese e as nosas inquedanzas para que a biblioteca do noso centro teña un protagonismo especial hoxe e todo o curso escolar.

A Consellería de Cultura, Educación e Orientación Universitaria  co lema BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPERIMENTACIÓNS, alienta aos centros a ao alumnado a ser partícipes da vida bibliotecaria nos centros. Premendo na imaxe atoparás máis información.


http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Aproveitamos esta circunstancia para dar a coñecer o tema que este curso traballaremos como proxecto documental; titúlase INVENTANDO CAMIÑOS  e o tema central son os inventos.
Deixamos a imaxe que dalgunha maneira ilustra o tema.




 Publicamos tamén o tradicional Boletín do Lector que, coma sempre, inclúe información variada e xogos para acadar bibliopuntos.





Invitámosvos dende aquí e dende hoxe a visitar a nosa biblioteca que este ano se converterá nunha BIBLIOTECA DE PELÍCULA.

Esperamos as vosas visitas, tanto neste blog coma na biblioteca que contamos sexa do voso agrado; e non olvidedes que


 Un saúdo e ata pronto!

mércores, 7 de outubro de 2015

O pasado recente

Ola a todos e a todas. Hoxe vimos cunha entrada coa que lembramos o curso pasado. É unha presentación na que seleccionamos algunhas das nosas imaxes literarias. Antes de presentar o novo curso "bibliotecario" queremos facer memoria dese pasado recente que vivimos e compartimos POR AMOR Á ARTE. Engadimos tamén unha fotografía cos gañadores de bibliopuntos que, inda que representan un bo grupo de bos lectores, non son todos os que nos gustaría que estivesen. Noraboa campións! Desfrutade con todos estes recordos e ata moi pronto.

xoves, 25 de xuño de 2015

Boletín do Lector

Rematado o curso e entregadas as notas aquí tedes a última publicación do ano escolar: o tradicional Boletín do Lector no que incluimos consellos literarios para o verán e as imaxes literarias deste curso que remata.

Disfrutade do verán e lede moito!!!



xoves, 21 de maio de 2015

Boletín do Lector

Estaba pendente de subir a publicación que, tradicionalmente, elaboramos co gallo do Día do Libro.Xa sabedes: lecturas, escritos dos nosos autores e autoras, xogos,... dan forma a este folleto que confeccionamos para vós. Esperamos que sexa do voso agrado e un saúdo.Ah! e non esquezades participar.

xoves, 23 de abril de 2015

E a ti, gústache ler?

Esta entrada de hoxe é unha pregunta para os lectores e lectoras deste blog. Quen se atreve a responder despois de ver o vídeo?

Emoción, intriga, temor ... son algunhas das sensacións que nos transmiten as historias que lemos nos libros. Queres ver como o explica este vídeo? Pulsa no centro da pantalla e poderás comprobalo.

Despois non esquezas facer un comentario contándonos as túas emocións ou a túa opinión sobre o vídeo.


 




Só nos queda por desexarvos

mércores, 8 de abril de 2015

Marzo, mes da poesía (e máis)

Levamos xa uns cantos anos adicando e chamando ao mes de marzo o mes da poesía, entre otras razóns, porque parece un mes máis poético que outros.

O noso Recuncho do Lector leva un tempo invitándonos a ler e facer poesía, de feito as actividades deste mes van encamiñadas a que xoguedes a crear e inventar poemas.

O mes de marzo xa pasou pero coas vacacións polo medio decidimos prolongar un pouco máis o tempo para as vosas poesías. Non vos demoredes moito e entregade xa as creacións que queremos publicalas aquí, no ganapán das palabras.

E para que teñades unha referencia directa do que vos falo, aquí tedes unhas imaxes dun dos nosos espazos lectores.







Pero antes de despedirme ides ver como alumnado de E. Infantil traballou a proposta de bibloteca o 8 de marzo. Comprobadeo vós mesmos.




Un saúdo e ata pronto.

mércores, 25 de marzo de 2015

Itinerario lector

Acercámonos nesta ocasión para publicar o itinerario lector do noso centro. Como sabedes son os títulos que o alumnado deberá ler, como mínimo, no seu paso pola escola. A selección de lecturas,  en principio, tal e como aparece no Proxecto Lector, ten unha vixencia de dous cursos inda que non exclúe a posibilidade de modificalo sempre que o profesorado, previo consenso, o considere oportuno.

Un saúdo.



mércores, 11 de marzo de 2015

Xogando coa biblioteca

Lembramos que o xogo sobre o Día da Muller Traballadora está a piques de rematar. O vindeiro venres, 13 todos e todas as que non o fixestes aínda, tedes que deixar a vosa resposta no caixón de correos. Non o esquezades!

E xa adiantamos dende aquí que a continuación virán outros xogos porque o mes de marzo tamén é o mes da poesía.

Déixovos agunhas fotos desta actividade.

Ata pronto!









Botade un vistazo a estes chistes que Forges inventou para un día coma éste.



mércores, 4 de marzo de 2015

8 de marzo

Como xa sabedes o vindeiro domingo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora e, coma todos os anos, recordámolo cunhas actividades que atoparedes no Recuncho do Lector.

Non vos esquezades de pasar por alí, ler a información e participar.
 
Para que poidas responder ben e acadar os bibliopuntos aquí tés esta presentación coa información necesaria (lembra que para vela en grande tés que clicar na ventá que está na barra horizontal con dúas frechas debuxadas)


 Apúntate connosco a lembrar este día tan importante!


 


Para saber máis sobre a orixe desta conmemoración déixovos un vídeo explicativo. Deica logo.


xoves, 26 de febreiro de 2015

Por amor á arte

Como este curso o tema do Proxecto Documental é "POR AMOR Á ARTE" traio unha presentación que nos pode axudar a comprender e que falamos cando falamos de arte. Espero que vos sexa útil.



mércores, 28 de xaneiro de 2015

PAZ, PAZ, PAZ

Supoño que todas e todos estades participando no XOGO DE PISTAS, que é tradicional na nosa escola. Por si non sabedes en que consiste direivos que no Recuncho do Lector iremos poñendo cada día unha pista sobre un personaxe mundial defensor da paz e das liberdades dos individuos. Nesta ocasión poñeremos en total 4 pistas e o venres, o Día da Paz descubriremos de quen se trata.

Para participar e conseguir bibliopuntos terás que averiguar quen é e escribilo nas pequenas fichas que imos deixando cada día coa pista. Cubrídea ben e deixádea no caixón de correos que hai á porta da biblioteca.

Acércate ao Recuncho e participa.

Aquí tés unha imaxe para que te animes.



Lembra tamén que na biblioteca tés a  túa disposición (de momento, só para ler na propia biblioteca) unha pequena exposición de libros relacionados co tema. Le e infórmate.


Ata pronto.