mércores, 25 de marzo de 2015

Itinerario lector

Acercámonos nesta ocasión para publicar o itinerario lector do noso centro. Como sabedes son os títulos que o alumnado deberá ler, como mínimo, no seu paso pola escola. A selección de lecturas,  en principio, tal e como aparece no Proxecto Lector, ten unha vixencia de dous cursos inda que non exclúe a posibilidade de modificalo sempre que o profesorado, previo consenso, o considere oportuno.

Un saúdo.



mércores, 11 de marzo de 2015

Xogando coa biblioteca

Lembramos que o xogo sobre o Día da Muller Traballadora está a piques de rematar. O vindeiro venres, 13 todos e todas as que non o fixestes aínda, tedes que deixar a vosa resposta no caixón de correos. Non o esquezades!

E xa adiantamos dende aquí que a continuación virán outros xogos porque o mes de marzo tamén é o mes da poesía.

Déixovos agunhas fotos desta actividade.

Ata pronto!









Botade un vistazo a estes chistes que Forges inventou para un día coma éste.



mércores, 4 de marzo de 2015

8 de marzo

Como xa sabedes o vindeiro domingo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora e, coma todos os anos, recordámolo cunhas actividades que atoparedes no Recuncho do Lector.

Non vos esquezades de pasar por alí, ler a información e participar.
 
Para que poidas responder ben e acadar os bibliopuntos aquí tés esta presentación coa información necesaria (lembra que para vela en grande tés que clicar na ventá que está na barra horizontal con dúas frechas debuxadas)


 Apúntate connosco a lembrar este día tan importante!


 


Para saber máis sobre a orixe desta conmemoración déixovos un vídeo explicativo. Deica logo.